Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Ribadavia (San Domingos)
Lugar: Ribadavia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
No lugar onde hoxe se levanta esta capela houbo unha ermida baixo a advocación de Santa María de Valparaíso, non entanto, dende o século XVII coñécese co nome de Igrexa ou capela da Virxe do Portal.
A advocación a esta virxe, patroa de Ribadavia e do Ribeiro, foi fomentada polos monxes dominicos,cuxo convento sitúase preto deste fermoso santuario.
O templo foi construído en tres etapas claramente diferenciadas, que van dende o século XVII ó XIX.
Nas sucesivas ampliacións traballaron importantes mestres como Diego de Guemez ou Juan Martínez Pita. No exterior, destaca a sobria fachada neoclásica feita no 1875, cunha esvelta espadana, mentras que no interior sobresae a bóveda policromada e o fermoso retablo barroco feito en madeira de ciprés no ano 1737, e que garda no seu corpo central unha excelente imaxe da Virxe do Portal, a quen se venera con fervor todos os anos nunha romaría que se fai o 8 de setembro á que acoden multitude de fieis. Nelas paséase á virxe por Ribadavia, sendo un dos actos relixiosos máis importantes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.ribadavia.net/esp/patrim/iglesias/portal.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.28604817014302Lonxitude: -8.144667148590088
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84