Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Figueiras
Lugar: Codesedas
Outra denominación do ben: Castro de Marmancou
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Con un terraplén de case 10 metros e fortes pendentes ,este castro ten como coroa central un recinto de pequenas dimensión. Amosa unha liña defensiva exterior que rodea a este completamente, formado por un terraplén terreo dunha caída de 4 a 8 metros. Nos sectores oriental occidental e meridional esta liña defensiva distánciase entre 15 e 30 metros do inferior do terraplén da croa, dando lugar a unha terraza que puidera pertencer a unha zona habitacional do xacemento. Nalgunhas zonas chega a haber unha terceira liña defensiva. A croa acada os 30 m. e o conxunto total abrangue uns 148 m. No sector oriental percíbese unha serie de socalcos que chegan ata a base do outeiro en que está emprazado e rexistráronse en el cerámica castrexa terra sigilata e vidro romano na prospección de 1987.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Acuña Castroviejo, Fernado. 1968. Yacimientos arqueológicos preromanos del ayuntamiento de Santiago de Compostela, pp. 116 -122 .Tese de licenciatura inédita. Facultade de Filosofía y Letras.

Martínez Murguía, Manuel. 1865. Historia de Galicia Tomo I. P 531

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf (paxina.31 de 48)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8863966196
Lonxitude: -8.58521461487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84