
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: Meamán
Outra denominación do ben: Capela de Miaman
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Capela de Santiago de Meamán posúe planta rectangular con muros de sillaría de 6,00 x 15,00 metros, con cuberta de tella a dúas augas. No fronte ábrese a porta de acceso flanqueada por ventás laterais. Sobre ela disponse unha cornixa con remates en pináculos e unha grande espadana de dous corpos, con remate en cruz de ferro, nas esquinas pináculos de bolas.
O día 24 de Agosto de 1752, segundo o catastro do Marques de Ensenada, o pobo de “Miaman” tiña 19 veciños (familias) que dispuñan de 56 casas repartidas polo pobo, estando estes baixo a protección por razón de señorío da Condesa de Monterrey, á que pagaban os tributos.
En 1794 créase a capela na honra do Apóstolo Santiago, que sería ampliada no ano 1930 grazas a colaboración da veciñanza e, sobre todo, de Cecilio Blanco Otero (19/04/1881 – 4/06/1947), casado con Emilia Page. O matrimonio tivo 2 fillos: unha monxa, que colaborou moito ca capela pagando os bancos e algunhas reformas, e un mozo que emigrou a Arxentina.
A reforma da capela consistiu na prolongación da parte traseira, así como na fachada o aumento do campanario con dúas campás, unha sufragada por Cecilio Blanco, poñendo o campanario anterior enriba do novo. A obra fíxose estando de cura Don Xosé María con consentimento do bispo.
Destacar que o 29 de abril de 1899 houbo unha voda na capela de “Miaman” de Juan Antonio Novoa Nieto de 21 anos e Etelvina Novoa Garrido de 17 anos; e que nesta parroquia naceu o sacerdote Pai Paúl Augusto García Lamas en 1932.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://miaman.es.tl/A-CAPELA-DO-SANTIAGO.htm
http://miaman.es.tl/A-SUA-HISTORIA.htm
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1994739579230Lonxitude: -7.66022533178329
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Gavilanes67 says:
Abr 30, 2012
Información complementaria de Miaman:
O dia 24 de Agosto de 1752, según o catastro do Marques de Ensenada o pobo de Miaman tiña 19 Veciños (familias) que dispuñan de 56 casas
repartida polo pobo, estando estos baixo a protección por razón de señorío da Condesa de Monterrey a que pagaban os tributos.
En 1794 crease a capela de Miaman na honra do Apóstolo Santiago que seria ampliada no ano 1930 gracias a colabora dos veciños e
sobre todo de Cecilio Blanco.
En 1794 constrúese a primeira fase da l Capela de Miaman na honra do Santiago Apóstol
No 1881 (19 de abril) nace Cecilio Blanco Otero (morre 4/06/1947)casado con Emilia Page
29 de abril de 1899 voda na capela de Miaman de Juan Antonio Novoa Nieto de 21 anos e Etelvina Novoa Garrido de 17 anos
1926 o ferrocarril esta en desterro no “toutelo”
1930 ampliase a Capela grazas a colaboración de Cecilio que tivo 2 fillos: unha monxa que colaborou moito ca capela de Miaman
(pagou os bancos, reformas etc) , o outro marchou a Arxentina.
A reforma da capela consistiu na prolongación da parte traseira ,así como na fachada o aumento do campanario con dúas campás poñendo
o campanario anterior arriba do novo, a obra fíxose estando de cura Don Xosé María con consentimento do bispo.
A campá foi pagada por don Cecilio Blanco
Nace en Miaman o Sacerdote Pai Paúl Augusto García Lamas en 1932 e vén o primeiro mestre a Miaman chamase Eduardo Palau,
empeza a escola en Miaman ,antes os veciños do pobo tiñan que ir a Guamil .
O segundo Mestre chamábase José Velas Iriarte que substituíse a Eduardo. logo pasarin mestres como Mangana, Consolo, Antonio Bouzas Puga,
logo lle seguirian outros mestres como Conchita Reverter e durante dous anos Xenerosa Gavilanes losada de sanguñedo Etc
1933 A ponte de Miaman esta en construcion
1936-1939 Guerra civil ,en devandita Guerra morre entre outros Juan Manuel Rivero.García aínda que foron moitos os que están na fronte.
Anos mais tarde un Cubano fillo de Don Paco chamado Antonio Estévez Prieto Mestre de profesión poñía nome ás rúas e prazas do pobo.
No 1949 repártese o Monte Comunal “O PIÑEIRO” na parte de arriba entre os veciños do pobo , de Miaman o perito é Don (Paco o mestriño) de Froufe.
1951 Créase a escola de Francos de Vide que fora construída coa venda das parcelas do “Piñeiro” do comunal de Francos que foron vendidas á cantidade de 1000 pts a parcela entre todos os veciños con cociña o comunal chegaba ao fondo da pista vella que esta en o cruz da estrada B.Molgas -Arnuide ata o camiño lindante co comunal de Miaman “As Parcelas “á beira da antiga “Tilleira”
que nese ano estaba arrendado polo pobo de Miaman aos “Tilleiros” pola cantidade de 1.500*Pts anuais (contaba con unha cociña onde cociñaban e durmían , co forno, e dunha aira onde poñían as tellas e ladrillos a secar ,antes de metelas no forno.
En 1955 constrúese o ferrocarril en Miaman, ano de traballo para a xente do pobo.
Información : http://miaman.es.tl/A-SUA-HISTORIA.htm