Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Monte de Arcela
Outra denominación do ben: Cividade
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Castro de moi difícil acceso debido a maleza, situado na ladeira oeste do monte Arcela en San Xurxo de Sacos. Toxos, xestas e silvas forman un muro infranqueable polo que non é posible achegarse dabondo para apreciar a súa fisonomía.
O castro ten unha forma alargada, sendo maior no eixo norte-sur cuns 225 m. aproximadamente. Mentres que no eixo este-oeste tan so mide 120 m.
O castro situase en torno a un grupo de penedos que se agrupan cara ao este e o sur. Na parte sur, a pendente é maior e alí pódese atopar unha laxe cun conxunto de petroglifos. Parece disporse en tres niveis a diferentes alturas. A croa central cun grupo de penedos ao este que ofrecen unhas fermosísmas vistas do val do Lerez. Unha pequena terraza pedregosa ao sur, por debaixo. E unha terraza de maiores dimensións que se extende ao oeste e o norte.
Cara o oeste, o castro remata nuha pendiente bastante pronunciada pero na cara este dipón dunha gran muralla construida aproveitando os penedos e un gran foxo que chega a medir uns 9 metros de ancho.
As impresións son aproximadas, baseadas nunha visita previa feita no 2008. Despois dos grandes incendios do 2006 o castro era accesible inda que o recinto interior xa estaba invadido polas xestas. As medidas son aproximadas, sacadas das fotos aereas do sigpac (http://sigpac.mapa.es/fega/visor/).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36012030
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Na parte sur está a laxe da Cividá con un conxunto de petroglifos.


Tradición oral:

Se fala de que no castro está a cama dos mouros, formada por duas laxes paralelas, unha sobre outra a modo de colchón e dosel.

Tamen contan que antes non había toxos na ladeira do monte e que os nenos subían a xogar descalzos no seu recinto pasando alí todo o día mentres os país andaban atarefados nos traballos do campo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● N.S.P. 25/02/1997 Concello de Cotobade, Xacementos Arqueolóxicos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
● Yolanda Seoane-Veiga “Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade”, Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade” Santiago de Compostela : Laboratorio de Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2011. ISSN: 1579-5349.
http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312
● Jose Luis Galovart “Castro da Cividade. San Xurxo de Sacos”.
http://jlgalovart.blogspot.com.es/2009/03/castro-da-cividade-san-xurxo-de-sacos.html
● Manuel Gago “Explorando o conxunto arqueolóxico da Cividade de San Xurxo de Sacos”.
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/05/18/explorando-a-cividade-de-san-xurxo-de-sacos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectada por maleza de tipo arbustivo (xestas e toxos)


Onde está localizado

Latitude: 42.507318592230355
Lonxitude: -8.509061336517334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84