Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade / Pontevedra (comarca)
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Lombo da Costa
Outra denominación do ben: Xacemento 19 do Concello de Cotobade, Grupo XXIX del outeiro de Lombo da Costa
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Situada sobre un espolón sobre o río Lérez atopamos o conxunto máis representativo do grupo da estación do Lombo da Costa con 35 grupo de petróglifos. Neste atopamos dúas laxes, unha a carón da outra acoutadas por un balado de granito cunha verxa de ferro xa oxidada:

Grupo XXVIII – laxe de 1,5 por 1 m. de ancho. Está composto por unha combinación de nove circulos concéntricos con cazoleta central e tramos radiaís, ao que se adosa outra pequena combinación de dous círculos concéntricos con cazoleta central e tres deseños de cérvidos. (García Alen páx. 50).

Grupo XXIX – 15 m. de longo por 4 m. Laxe plana con ata 40 combinacións de círculos
concéntricos acompañados de cérvidos e outros motivos.

Para chegar, só hai que seguir a N-541 dende Pontevedra a Ourense. O pasar San Xurxo de Sacos, hai que fixarse no desvío que baixa a carballeira de San Xusto. A un 10 metros seguindo a estrada xeral, hai un camiño á man esquerda que nos levará ata o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012020
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● SOBRINO BUHIGAS, R. “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae” Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1935. Tab. XXVIII, XXIX, XXX e XXXI.

● GARCÍA ALEN; PEÑA SANTOS. “Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra” A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1. Grupo XXVIII, páx. 50. Grupo XXIX del outeiro de Lombo da Costa, Páx. 51.

● SEOANE VEIGA, Yolanda. “Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade”. Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio CSIC, 2011. (pp. 247-248). ISSN: 1579-5349. Dispoñible en: http://digital.csic.es/handle/10261/37814

● “N.S.P. 25/02/1997. Xacementos Arqueolóxicos”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Xacemento 19. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf

● “Relacións de Bens de Interese Cultural de Galicia” Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1995 Dispoñible en: http://cultura.xunta.es/imxd/procedementos/doc/121004BICGALICIA.pdf

● Decreto 3741/1974, de 20 de diciembre, por el que se declaran monumentos histórico-artísticos de carácter nacional los grabados rupestres existentes en la provincia de Pontevedra. BOE de 10 de marzo de 1975. Nº 59. Páx 4950. Elemento 61 Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1975/03/10/pdfs/A04949-04952.pdf

● “Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Artículo 40.” BOE de 29 de junio de 1985. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1985/06/29/pdfs/A20342-20352.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.515128441
Lonxitude: -8.50150823593
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84