
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Vigo - Rúa Urzaiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Última grande obra en Vigo do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez con data de 1959, que se suma ao reencontro coa modernidade iniciado por Xosé Bar Boó en 1957 co edificio Plastibar. A renovación establécese coa adopción das formas dinámicas propias do racionalismo. As expresivas curvas das terrazas voadas do chafrán xeran unha sensación de movemento que se acrecenta no tramo superior coa disposición recuada das últimas plantas dun conxunto total de 12 alturas. Destaca a combinación de ferro e vidro dos antepeitos das balconadas e a disposición inclinada dos cristais na planta primeira. Tamén a inclusión de bandas lonxitudinais de “gresite” azul contribúen a enriquecer plasticamente o conxunto. Son de interese as esculturas laterais e a do chafrán, obras do escultor vigués Camilo Nogueira, coa representación dunha familia protexida polo seguro.
No ano 2006 o edificio foi homenaxeado polo COAG con motivo do día internacional da Arquitectura.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2008/12/edificio-aurora-polar.html
http://www.docomomoiberico.com/index.php?option=com_k2&view=item&id=1071:edificio-aurora-polar&lang=es
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.235635122141Lonxitude: -8.7190836668015
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84