Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Parque de Santa Margarida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Capela con plataforma cuadrangular con tres chanzos e sen pedestal. O varal é cadrado e con chafráns e con vieiras en cada remate do achafranado. Arriba do varal leva unha capela ornamentada con base troncopiramidal invertida e cun tellado abovedado con bóveda nervada. Na base da capela ten anxos con ás e polos lados ten imaxes en baixorrelevo dun monxe, da Virxe do Rosario e de Santiago Matamouros. No interior da capela ten a Santa Margarida. Encima da capela, leva unha cruz cuadrangular cos brazos achafranados que mostra no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. Leva o pano de pureza sen nós. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”, Vol.II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.36168592561578
Lonxitude: -8.412214815616607
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84