Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Santa María de Oza.
Lugar: Igrexa de Oza - Adro.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular con catro chanzos e pedestal cúbico achafranado. No pedestal leva unha inscrición que di: ” A O CREGO D. ANTONIO NOCHE 1940-1984″. O varal é cadrangular achafranado cun capitel cadrangular moldurado con estrías e orlado. A súa cruz é cadrangular presentando no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. Leva o pano de pureza sen nós. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.34886294560179
Lonxitude: -8.401746153831482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84