
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: Santa María de Oza
Lugar: Santa María de Oza, A Coruña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este templo, construído entre 1859 e 1863, pertenceu ó antigo concello de Oza, integrado a principios de século XX no concello da Coruña. Ten planta en cruz, cubríndose cunha gran cúpula de cantería de granito sobre pendentes. Lembra a arquitectura italiana da cidade moderna ó fundir un plano lonxitudinal cun plano central cuberto con cúpula.
A única nave do templo cóbrese con bóveda de canón soportada por arcos faixóns que descansan en enormes pilastras pegadas ó muro.
O interior destaca pola simplicidade estructural e a monumentalidade do seu pequeno espacio. No exterior a fachada non reflicte a estructura interna. É evidente a inspiración directa na contemporánea igrexa coruñesa de San Nicolás. Ten dúas torres recuadas con respecto ó plano xeral da mesma. Esta divídese en tres bandas que non teñen correspondencia na distribución interior. A central está ordenada cun eixe vertical que segue a secuencia de porta con tornachuvias, cornixa que abarca todo o perímetro, van semicircular e frontón coroado por un acroterio rematado por unha cruz.
Este corpo central enmárcase por outros dous laterais con fornelas na parte inferior e dous vans con grosa molduración no segundo corpo. Horizoltalmente divídese en dúas partes claramente diferenciadas por unha cornixa moi saínte. Esta arquitectura fría, de limpos recortes nos panos, corresponde á última etapa de neoclasicismo académico, que na Galiza esténdese ata mediados do século XIX.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas na Provincia da Coruña, A Coruña”, Vol. VI, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.34891170731154Lonxitude: -8.401585221290588
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mai 3, 2012
Páxina do PXOM de 1998 do concello da Coruña que recolle este Ben
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/0152CA007.pdf (páxna 9 de 34)