Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Noia / Outes
Parroquia: Cando (San Tirso) / Roo (Santa María)
Lugar: A Ponte Nafonso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Ponte de estilo Gótico. Orixinalmente tiña 27 arcos, hoxe consérvanse 20, pois os restantes están tapados con terra. Mide 270 m. de longo e 5 de ancho. Os arcos do tramo principal teñen luces de 9 e 10 m. apoiados sobre robustos pilares. Ten tallamares triangulares para afrontar a corrente do río Tambre, polo lado de enriba e cadrados polo lado de abaixo. No 1966 o MOP derrubou os pretrís e os parapetos e sustituíunos por varandas de ferro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo unha lenda da  zona, na hora da morte  o mestre de obra desta ponte,  ao  cal Alvaro de las Casas no seu libro  “O Cimeterio de Santa María a Nova”  atribúe  unha posible  tumba no lateral esquerdo de Sta. María a Nova,  dixo:

Adeus ti,  Pontenafonso,

non sei quen te acabará

trinta anos me levaches,

frol da miña mocedá


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Patrimonio Histórico Artístico de Outes, Xoán Mariño
ISBN-84-8408-003-X,1998

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA030.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8283310648
Lonxitude: -8.87557983398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84