Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Avenida da Mariña, 12-18, A Coruña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construcións de inspiración clasicista levantadas a partires do 1778 como parte dun proxecto do gobernador e capitán xeneral D. Pedro Martín Cermeño y García de Paredes, para embelecer a fachada portuaria da cidade co fin de mellorar a imaxe cidadá visible ó entrar por mar. A idea de Pedro Martín Cermeño era a de construir un novo bloque de casas aliñadas e do mesmo estilo arquitectónico de acordo co seu carácter ilustrado. Este programa urbanístico non foi realizado na súa totalidade. Só se completou a edificación dun tramo comprendido entre o teatro Rosalía de Castro, antes igrexa de San Xurxo e o Cantón. Estas novas vivendas chamadas “Casas de Paredes” foron aprobadas por Carlos III no 1779. Eran propiedade da burguesía comercial coruñesa relacionada co tráfico marítimo e a burguesía administrativa da cidade, como o serán anos máis tarde as casas da Avenida da Mariña. Son edificacións vinculadas ás ideas do urbanismo portuario francés do século XVIII como Burdeos e Toulousse, pertencendo ó clasicismo académico, onde se dispoñen dun modo homoxéneo, unha decoración sobria e de reminiscencias clásicas con pórticos rústicos alintelados, pilastras e frontóns triangulares.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”. Vol. VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.36963773714376
Lonxitude: -8.399836421012878
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84