Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Aranga
Parroquia: Aranga (San Paio)
Lugar: Barranco da Loba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

É un muíño de maquía situado no barranco da Loba na confluencia do río Cambás co Mandeo.
Ten certo tamaño, paredes de pedras grandes e tellado de lousas ben traballadas. Tiña dúas moas do país (pedras bafas) que moían ao mesmo tempo. O muíño estaba arrendado a dous caseiros que traballaban en quendas dunha semán cada un. Dos beneficios, a metade eran para os donos do muíño, os señores de Cordero, donos tamén do caserío de Congostro.
Cabe sinalar a utilización dun aramio enganchado a unha tabliña que se coloca no interior da moega. Desta maneira cando hai pouco fruto levántase e déixase ceder o outro extremo do aramio, enganchado á palanca do pechadoiro. Ao baixar impide a entrada da auga e para o muíño de xeito que non hai perigo de que moa en baleiro. Esto posibilitaba que o muiñeiro puidera adicarse a outros labores.

O territorio de influencia do muíño era moi amplo e medraba no verán ao quedar moitos regatos sen auga. Deixou de funcionar a mediados dos anos 80 coa inminente proliferación de pequenos muíños eléctricos nas casas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LIÑEIRA VAZQUEZ, J. M. “Estudio etnográfico dos muíños hidráulicos: un exemplo na parroquia de Aranga”, Brigantium, nº 14, 2003, pp. 285-301.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.22620103692148
Lonxitude: -8.009322881698608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84