Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Aranga
Parroquia: Cambás (San Pedro)
Lugar: A Rilleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

É un hórreo mixto de tipo Mahía. A cámara é alta e estreita. Ocupa catro claros. A estructura é de pedra e as paredes de madeira. Os balaústres levan disposición vertical e están atravesados por unha faixa horizontal. En cada un dos claros como adobío, unha moldura vertical atravesa a faixa e sobrepásaa con remates en forma de dúas rodas dentadas.
A cámara apoia sobre unha cepa maciza de cachotaría que se prolonga pola parte dianteira nunha escaleira para acceder á porta. O tramo superior da cepa está recebada e caleada. Unése á cámara cun voo que fai as veces de tornarratos.
A cubrición faise a dúas augas con lousas regulares de pizarra e tellas curvas na cumbreira. Enriba das sobrepenas leva como terminais dúas figuras antropomórficas pouco convencionais que foron talladas polo dono.
Nun lado costal hai un lavadoiro adosado á cepa maciza que sustenta o hórreo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (páx. 139)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2463007460802
Lonxitude: -7.990987300872803
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84