Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Cutián
Outra denominación do ben: Castro de Fontán
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro totalmente modificado pola construción dun cemiterio en 1909 e dun campo de futbol, pero que tanto pola ubicación, a topografía do terreo e a toponímia debeu ser un castro. Levántase nun pequeño cumio que domina a chaira ao seu redor. De planta circular ten unha pendente pronunciada en todo o seu perímetro.

Debeu ser un castro agrícola. A dous centos metros atopáronse restos dunha posible vila romana.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA36012063
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Antes da súa destrución , en 1909, levabase alí en procesión a imaxe de San Xurxo, patrón da parroquia, todos os anos o 25 de abril, día de San Marcos. Dende alí o párroco bendecía as leiras en tódalas direccións.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Santos Estévez, Manuel. “Catalogación dos xacementos arqueolóxicos do concello de cotobade (Pontevedra)” Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Histoira, Departamento de Historia I. 1998. pág. 232

● Manuel Reboredo Tajes “A cultura castrexa nos vales dos ríos Lérez-Almofrei e Verdugo-Oitavén” Tese de Doutoramento. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. páx. 297.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Xa foi reconvertido para uso público.


Onde está localizado

Latitude: 42.515000591541366
Lonxitude: -8.523030281066895
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84