Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Lalín
Parroquia: Prado
Lugar: Liñares
Outra denominación do ben: Pazo de Liñares en Anzo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo de Liñares é unha casa señorial localizada no lugar de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín), é estilo barroco. É de planta rectangular de cantería cunha gran fachada principal á que abre os balcóns e fiestras. Na fachada posterior destaca unha galería de cinco arcos de medio punto e escudos no pretil. Nos escudos do pazo campean as armas dos Mosquera, Churruchaos e López de Lemos xunto ás dos Taboada. Pola porta principal acedemos cunhas escaleiras a primeira planta onde atopamos a dependencias dos señores. Hai un gran salón de onde por onde se acceden as habitacións e a galeria posterior. Compre destacar que no recibidor había una pila bautismal proveniente dunha capela románica xa desaparecida.
A planta inferior estaba destinada as cuadras para guarecer animaís de granxa.
Posue un adosado destinado ao servicio onde compre destacar un lareira en pedra na segunda plata.
Fundado a finaís do século XVII por Álvaro Núñez Taboada e estreitamente vinculada ao pazo de Don Freán. Estas relacións datán de moi antiguo e originanse dun mismo tronco nos albores do século XVI perdurando estreitos lazos familiares e de amizade ata ben entrado o século XX.
O acceso realizase pola estrada N-525 de Lalín a Silleda, ao chegar a Prado hai unha desviación a esquerda que leva directamente ao pazo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Seica que na pila bautismal románica do recibidor foi bautizado o aviador Loriga (Joaquín Loriga Taboada).
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● GÓMEZ BUXÁN, Cesar e RUBIA ALEJOS, Francisco. “Pazos e moradas hidalgas de Deza”. Diputación Provincial de Pontevedra, 2005.
● RUBIA ALEJOS, Francisco e GÓMEZ BUXÁN, César. “Tocante a los Hixosdalgo. Carta de Manuel de Toubes, genealogista dezano del siglo XVII”. Anuario de Estudios e Investigación Descubrindo, nº 2 [páx. 13-68]. Seminario de Estudios de Deza, Lalín, 2000.
● RUBIA ALEJOS, Francisco. “El palacio señorial de Liñares en las últimas centurias”. Descubrindo: Anuario de estudios e investigación de Deza, 2004. nº 6.
● GÓMEZ, Javier. “O Pazo de liñares”. Descubrindo: Anuario de estudios e investigación de Deza, 2004. nº 3.
LIGAZÓNS WEB:
● “P.G.O.M. de Lalín. Catálogo de Bienes Protegidos” Concello de Lalín. [Consulta 05-2012] Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LALIN/documents/0808CA010.pdf pax. 16.
● Redacción. “Siete empresas optan a la construcción del centro arqueológico del Pazo de Liñares”. Faro de Vigo [consultado o 17·01·14] Dispoñible en:
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2014/01/16/siete-empresas-optan-construccion-centro-17297866.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
En estado de abandono. A humidade a feito mella nas estructura de madeira. É moi perigoso adentrarse no interior. Está pendente unha reforma por parte do Concello de Lalín.
Onde está localizado
Latitude: 42.6802427714Lonxitude: -8.19150924683
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
Sergio says:
Ago 14, 2012
Están restaurandolo, aunque me dió la impresión de que la obra está parada. La piedra se limpió toda y el tejado está totalmente nuevo. No tiene ventanas y parece que el interior está vacío. La finca está cerrada pero vale la pena rodearla para ver el edificio desde fuera. Las fotos no hacen justicia, es una construcción enorme. Si pasais cerca creo que vale la pena acercarse. Ojalá se acabe de restaurar y se pueda visitar el interior pronto. El ciprés… enorme!!
lalin says:
Abr 2, 2013
Está rematada a restauración do edificio.
Oscar Franco says:
Xan 16, 2014
O Pazo de Liñares na prensa escrita:
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/01/16/siete-empresas-optan-construccion-centro/948489.html
Oscar Franco says:
Xuñ 4, 2014
Refírese en documentos do pazo de Donfreán que foi construído, na súa parte máis antiga, coas pedras do derruído castelo de Vilaboa, destruído na revolta Irmandiña.
Fonte: RUBIA ALEJOS, Francisco e GÓMEZ BUXÁN, César, «Tocante a los Hixosdalgo. Carta de Manuel de Toubes, genealogista dezano del siglo XVII». Anuario de Estudios e Investigación Descubrindo, n.º 2 [pp. 13-68]. Seminario de Estudios de Deza, Lalín, 2000
Oscar Franco says:
Mar 4, 2023
Engado a seguinte referencia bibliográfica:
GÓMEZ BUXÁN, Cesar e RUBIA ALEJOS, Francisco. (2005). Pazos e moradas hidalgas de Deza. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
Pablo Eirín says:
Mar 6, 2023
Actualizada a bibliografía. Grazas pola túa colaboración, Oscar.