Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Tomiño
Parroquia: Tebra (Santa María)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben: Torre de Tebra
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O edificio primixenio foi construido en 1478 por Pedro Madruga. Posteriormente foi derruído por orde dos Reis Católicos, para levantar, nos anos seguinte e por orde de Juana a Loca, unha torre que sustituira ó entramado defensivo, así como o resto das dependencias. Todo o restante é de época renacentista. O cambio de gustos que se produciu nesta etapa histórica manifestarase de forma destacada nesta edificación. No ano 1533 pasou a máns do conde de Camiña.
O elemento defensivo máis destacado de todo o complexo arquitectónico é, sen dúbida algunha, a torre da homenaxe, que destaca visiblemente do conxunto. As almenas, los garitóns e a cornisa completan o cadro defensivo ademáis de servir de decoración ó edificio e romper a súa continuidade artística. Todo elo, xunto a súa estructura, danlle aspecto de robustez e dureza.

A torre da homenaxe é de estilo renacentista, ten forma cuadrada e se caracteriza pola anchura dos seus lados, que miden uns 8 metros, e polo grosor, que é de 1,5 metros aproximadamente. Posúe catro pisos, a planta baja e tres alturas máis unidas a unha terraza rodeada dunha cornisa. No alto da torre aparece unha inscripción feita en latín e un escudo, de claro estilo renacentista e en coordinación coa costume da época.

Ademáis da torre da homenaxe detacan o resto das dependencias que se atopan o seu redor. Entre elas podemos sinalar un amplo mirador, unha galería con arcos semicirculares e unha capela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0359640778884
Lonxitude: -8.745235204696655
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84