Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Meis / Salnés (comarca)
Parroquia: A Armenteira
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
IGREXA
A igrexa ten planta basilical con tres naves de catro tramos, sendo máis ancha a central; rematada nunha triple ábsida semicircular, orientado hacia Oriente. Presenta como rasgo característico a horizontalidade e o sentido claro dos volumes, perfectamente escalonados. No interior, no lado esquerdo do tramo recto da ábsida, atópase o sepulcro de Don Álvaro de Mendoza e Soutomaior (1615). Do altar destaca o seu traballado baldaquino posterior á construcción da igrexa e datado no 1780. Na parte central, sobre os pilares que rodea o sagrario, hai un grande pedestal que serve de soporte á imaxe de Santa María de Armenteira (s.XVI), patrona da igrexa.Destaca tamén o cruceiro, pola súa altura, anchura e tamén pola chamativa cúpula que o cubre (única en Galicia pola súa xeometría, recórdanos á arte mudéxar). A cada lado do altar maior atopamos dous retábulos, de entre 1770 e 1780, combinando barroco e neoclásico. A igrexa carece de capiteis e columnas, substituídas éstas por pilastras sobre basamentos cruciformes.
A portada está dividida mediante contrafortes en tres rúas, sendo o tramo central o máis rico, separado en dous corpos mediante un texaroz decorado con axedrezado. Esta portada contrastabcoa sinxeleza do interior xa que consta de 6 arquivoltas ricamente decoradas que descansan sobre columnas de fustes cilíndricos ou octogonais, con capiteis decorados con motivos vexetais, con basas e plintos cúbicos. E por riba do texaroz, o impresionante rosetón intacto, que é un dos poucos desta época que se conservan en tales condicións en Galicia. Próxima á fachada atópase a torre da campá, realizada no ano 1778.
FACHADA
A fachada do mosteiro é de finais do século XVIII. Oculta o tramo dereito da fachada da igrexa, con balcóns e ventás de distinto tamaño, sen preocupación polas medidas e as distancias, na que se abre unha porta adintelada sobre a que se atopa un escudo. No seu día, toda esta parte do edificio correspondería coa dependencia do abade.
CLAUSTRO
Só queda do primitivo claustro a porta que da acceso, no lado occidental da ala norte. Cabe supoñer que o claustro orixinal sería igualmente sinxelo e combinaría a luz e as sombras. O actual comezouse no século XVI. De planta cadrada, en cada ala ábrense seis arcos de medio punto que descansan sobre repisas sen apenas decoración. A ala oeste é a máis vistosa polas súas claves colgantes.
O tramo máis chamativo e rico é o da confluencia das alas oeste e sur, de bóveda de estrela complexa. No claustro ábrense distintas portas: a do extremo noroeste conduce á igrexa.
Na parte alta do claustro atópanse actualmente as celdas da comunidade que habita hoxe en día o mosteiro.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA36028032
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A fundación do primeiro cenobio atribúeselle ó nobre D. Ero de Armenteira no ano 1149, o cal levanta, nas súas propias terras, este mosteiro Cisterciense, deixando mostra disto nunha inscripción referente a súa fundación nunha columna no interior da igrexa.
Esta personaxe é protagonista dunha famosa lenda, que se recolle nas Cantigas de Afonso X o Sabio. Segundo ésta, sendo xa Ero de idade avanzada, sae a pasear unha mañá polos bosques cercanos e queda escoitando embelesado o canto dun paxaro. Nese estado pasa 200 anos e regresa ao mosteiro crendo que só pasaran unhas horas, pero todo cambiara e os monxes só o recoñecen polas crónicas que falan da súa desaparición. Trala súa morte o recoñecen como “abade santo” e na súa imaxe aparece sempre representada a figura do paxaro sobre o seu ombreiro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA002.pdf
http://www.monasteriodearmenteira.org/ARMENTEIRA/Bienvenida.html
http://www.armenteira.com/monasterio.html
http://meismeis.blogspot.com.es/2008/01/el-monasterio-de-armenteira.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4633596225Lonxitude: -8.74198436737
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84