Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: San Lázaro
Lugar: Piñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Segundo a ficha que consta no PXOM de Santiago de outubro de 2007, o castro é practicamente irrecoñecible polas grandes alteracións que sufriu polo uso agropecuario, forestal e como canteira. Situado no cumio dun outeiro e conformado por un recinto de forma oval , que se pode apreciar dende as fotografías aéreas, está rodeado de terrapléns con un acceso pola cara norte e aparentemente flanqueado por bastións. Na porta parece observarse os restos dun foso. As dimensións serían 70 m.( nordés- suroeste) e 100m. (noroeste-sueste).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15078045
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Amado Reino, X. Mañana Borrazás,P. Ballesteros Arias, P. (2001) La arqueología en la gasificación de Galicia 14. Corrección de impacto de las redes y ramales de A Coruña. TAPA (Traballo en Arqueoloxía da Paisaxe)Pp 49, 56,63, 174. Santiago de Compostela. Grupo de Investigación de Arqueoloxía da Paisaxe.
VV.AA. (1987): Catalogación de Yacimientos preromanos del Ayuntamiento de Santiago, Pp 126, 127, 156 (fig 13) Arqueoloxía /Investigación 3. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Benestar. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico Artístico. Santiago
WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf
pax 41 do pdf (pp.218 e 219 de 401, deste doc.)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8959785152
Lonxitude: -8.51414680481
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84