Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Brión
Parroquia: Ons (Santa María)
Lugar: Ons
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de planta rectangular e feito a base de muros de perpiaño e con tellado a catro augas. O edificio conta con xanelas nas dúas alturas que dispoñen dun tragaluz por enriba do van principal, para aumentar a entrada de luz. No penal do sur amosa uns canzorros graníticos que deberon soportar no seu día unha gran balconada de madeira. Na fachada principal hai un escudo nobiliario cuarteado en cruz e rodeado de volutas, e na contrafachada destaca unha enorme cheminea franqueada por dúas gárgolas cilíndricas que nos fan pensar na existencia dunha gran cambota e lareira. Ennobrece o edificio unha cornixa perimetral lixeiramente voada conformada por unha moldura de gola ou cima recta. O pazo foi propiedade de Bernardino Lobera y Noguerol, polo que xa existe dende o século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA019.pdf ( Pp.21,22,23 e 24 de 44)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.89006762834381
Lonxitude: -8.732033371925354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84