Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Ons (Santa María)
Lugar: Fonte Paredes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro é de tipo cruz e está formado por unha plataforma de dous chanzos cun pedestal cuadrangular con debuxos xeométricos e de arestas redondeadas do que arranca o varal, que remata nun capitel de volutas angulares e no medio de cada lado unha cara. O varal comeza cuadrangular e tórnase octogonal. A cruz é florenzada e a figura do Cristo é moi sinxela , con un pano de pureza anoada á dereita, un pouco grande en proporción coa figura. Pola parte de atrás do Cristo está a Virxe Dolorosa.
A escasos metros do cruceiro no lintel do portón que da acceso ao cemiterio están as figuras de San Paulo e San Pedro sobre un hastial de forma triangular que deberon pertencer ao templo antigo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA019.pdf (Páxinas 10,11, e 12)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88978857646213
Lonxitude: -8.736936450004578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84