Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Culleredo
Parroquia: Celas (Santa María)
Lugar: Celas de Peiro
Outra denominación do ben: Torre de Ozores
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Torre que se conserva, hoxe Museo Etnográfico, é o que queda da antiga Fortaleza de Vinseira, probablemente os da Torre da Homenaxe. É de planta cadrada, e cada lado mide oito metros, ten doce metros de altura e o grosor dos muros veñen sendo dun metro e vinte centímetros. No alto pódense ollar os matacáns voadizos nos ángulos e algunhas saeteiras nos lenzos da torre. Posúe tres andares e sobre unha xanela do segundo andar hai unha pedra armeira. Existía xa no ano 1395, segundo o preito entre os señores da fortaleza e o concello da Coruña, que rematou cunha acta de compromiso que obrigaba a derrubar “todas as Çercas et muros et penedos et pedras darredor”.
Esta situada en pleno val, co Monte Xalo cubríndolle as costas, e localízase nunha área dominada pola vila da Coruña, que defendía os privilexios de reguengo en todo o seu alfoz. Foi a única torre galega que permaneceu fóra da órbita de dominio da nobreza. O foro de reguengo, concedido por Afonso IX, no século XIII, contemplaba que a cidade non podía ter como veciños no seu termo nin monxes nin nobres, para que a xurisdicción real non perigase.
Nembargantes, no século XIV este foro non se estaba a respectar debido ó estabelecemento de fidalgos de fóra da vila con pretensións ameazadoras para a cidade. Estes nobres, aínda que mantiñan sometidos aos campesiños, estaban suxeitos á xudicatura do concello. Así, o fidalgo Martín Becerra, ao extralimitarse cos campesiños axudándose do castelo de Celas, ameado e pechado con portas de ferro e setas, atopouse coa forte oposición do Concello coruñés, que vía neste feito unha seria ameaza contra a súa independencia. Porén chégase a un acordo de eliminar os palenques, as seteiras, os beirís e as ameas.
Esta fortaleza pertenceu á Casa dos Andrade e dela, cos seus bens, fixo morgado o conde Fernando de Freixomil, como testemuñan as armas que detenta a torre.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA15031023
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos Castelos medievais de Galicia”, Edición Xerais de Galicia, 2003.
– MARTINEZ BARBEITO, C.: “Torres, pazos y linajes de la provincia de la Coruña”, Everest, 1984.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2495439044
Lonxitude: -8.40859115124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84