Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oroso
Parroquia: Vilarromaris (San Tomé)
Lugar: Valverde
Outra denominación do ben: O Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Está moi alterado a causa da construción dunha casa no centro do xacemento. Conserva aínda un recinto
circular defendido polo norte por un foso de gran tamaño e un terraplén de terra e pedra pequena. Polo sur
ten un terraplén parcialmente afectado pola construción da vivenda e o cultivo do terreo. Puido existir un
pequeno antecastro ou recinto inferior nesta mesma parte sur, hoxe tamén desaparecido.
As súas medidas aproximadas serían as seguintes:
Diámetro N-S: 64 metros.
Diámetro O-E: 74 metros.
Altura exterior do terraplén: 5-6 metros
Altura interior do terraplén: 2-3 metros
Foso: ancho 17 metros
Posible antecastro E-O: 42 metros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15060015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● P.X.O.M 16/02/2005, Concello de Oroso, Catálogo de Patrimonio.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OROSO/documents/9002CA020.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectado o recinto pola construción dun galpón e o seu uso como terreo de cultivo.


Onde está localizado

Latitude: 42.9924135032
Lonxitude: -8.3997130394
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84