Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ames
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: Tarroeira, A.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro emprázase nun outeiro situado nun meandro que fai o río Sar ao seu paso pola parroquia de Ortoño no Lugar de A Terroeira. Está a 70 metros de altitude e a uns 30 sobre o nivel do río que o cingue de nordés a noroeste. Ten fortes pendentes ata o leito do río e por poñente e levante os terraplén do castro terminan nunha zona de monte que despois de formar un pequeno foso que cingue a coroa elévase seguindo a liña de pequenos outeiros que se encontran aos dous lados. Consta dun só recinto ou croa duns 65 m. de diámetro rodeada de parapetos de 2 a 3 metros de altura e aproximadamente de 3 metros de espesor. Na banda sur os terrapléns acadan os 8 m. de altura. O parapeto na zona norte e casi inexistente debido a que as pendentes cara o río fano inespugnable por esa zona ao actuar o río como liña defensiva, ao igual que ocorre no veciño castro de Mirás (ou de Quistiláns) que está a 2 quilómetros en liña recta. É probable que a súa entrada sexa pola zona leste, onde se pode apreciar un corte nas súa defensa e vestixios do foxo, que está moi colmatado.
Ten boas posibilidades de recursos, pois ten cerca as fértiles terras do val da Amaía.
Está cuberto de piñeiros e abundante maleza que impiden apreciar ben as suas estruturas, pero o seu estado en liñas xerais parece bo. Na segunda foto podemos as curvas de pendentes Lidar 2010.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15002007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8 . nº 5, da parte segunda. castros da Amaía)
pax. 164.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//AMES/documents/0023CA004.pdf
Páxina 8 de 8


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8573431406
Lonxitude: -8.63750696182
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84