Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Culleredo
Parroquia: Santa María de Celas
Lugar: Rego das Xesteiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Os muíños do Rego das Xesteiras consta de 11 aceas, algunhas recuperadas e a maioría en estado ruinoso ou totalmente desfeitas. Estas aceas están nun itinererio fluvial recuperado axeitandoo ó uso público. Dous dos muíños, o de Fraganova e o de Ramallal, primeiro e último, foron recuperados na funcionalidade orixinal. O nome dos muíños son por este orde: De Fraganova, de Fragoso, de Taibo, de Couceiro, de Ferreiro, de Vázquez, de Calviño, de Sánchez, de Heredeiros, de Pose e de Ramallal.
Estas aceas son todas moi semellantes e collendo como modelo o de Ramallal, consta dun edificio consistente nun único volume cunha única estancia onde se desenvolvía a moenda. Os muros son de cachote con pezas de bó tamaño, sen fiestras agás un oco por onde estaba o pau que deixaba ou cortaba o paso da auga polo canle. No interior os muros están parcialmente recebados e encintados ao igual que no exterior. A cuberta é dunha soa auga, sobre unha estructura de madeira está colocada a tella de cerámica curva. Toda a madeira empregada na cuberta é de castaño e esta tratada ao igual ca porta contra os axentes xilófagos e a humidade. O oco de entrada da porta con xambas e alintelado e o chan é de lousas de pedra do mesmo tipo que as do muíño.A superficie destas aceas rondan os 13 metros utís cunha superficie construída duns 24 metros cadrados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.249028136539714
Lonxitude: -8.411133885383606
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84