Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Cando
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro aséntase sobre un basamento de pedra de 80 cm. de altura na que descansan tres gradas de sección cadrada e arestas superiores curvas e voadas. Basa composta dun plinto e tres molduras dúas convexas e unha cóncava intercalada. O varal de base cadrada, aos 60 cm. faise octogonal. Dúas pequenas molduras superpostas de base cadrada separan varal e capitel, que está decorado en cada cara cun rostro infantil rodeado de volutas. A cruz é cilíndrica con nós. Por diante amosa un Cristo de boa factura e inclinado cara adiante. No alto hai unha cartela envolta e ilexible . No reverso a Virxe Dolorosa tamén é de boa calidade e vai pousada sobre anxos con ás. Diante da cimentación hai unha mesa para pousar os cadaleitos nos enterros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I,
Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 106)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA019.pdf
(pax 2 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8357741816
Lonxitude: -8.86654615402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84