Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Aranga
Parroquia: Cambás (San Pedro)
Lugar: Serra das Medoñas do Galiñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Trátase dun túmulo funerario dos moitos que salpican a Serra do Galiñeiro. Ten un diámetro de 16,80 m (eixe N-S) por 18 m (eixe E-W) e unha altura duns 1,80 m. Está alterado no seu borde exterior por mor de diversos traballos de limpeza na finca. Ditos traballos provocaron un rebaixe nos límites exteriores reducindo o diámetro oxirinal. Tamén deixaron á vista algún seixo de gran tamaño (posible anel pétreo do perímetro). Dende o centro do túmulo, cara o SW, hai un rebaixe de 2 m de ancho que deixa á vista seixos brancos de pequeno tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15003110
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

-VAQUERO LASTRES, J. “Del análisis del emplazamiento al estudio de la distribución de túmulos en el NW” Brigantium, 7. 1991/2. pp. 151-176.
-VAQUERO LASTRES, J. “Galiñeiro, paso de novios, lobos y héroes. Reflexiones sobre el emplazamiento tumular del NW.” Cuadernos Estudios Gallegos. T-XLI. F-106. 1993/4, pp. 11-39.
-VEIGA FERREIRA, X.M. y SOBRINO CEBALLOS, J. “As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás)”, Xanela, nº 12 (2ª Época) Outono 2001, pp.13-15.

ENLACES WEB

http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (páx. 262)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.27978292436031
Lonxitude: -7.942385673522949
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84