Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Irixoa
Parroquia: Santa María de Mántaras
Lugar: Airoa do Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

Pequena ermida típica do románico rural galego composta de ábsida e unha nave separadas por arco triunfal. Os muros da fachada e da ábsida están construidos con grandes sillares regulares de granito mentres que os muros laterais están formados por mampostería.
Existen tres acesos ao interior da ermida; duas portas nos muros laterais compostas de tímpanos asentados sobre ménsulas sen decoración, das cales unha está tapiada. A porta principal da fachada está composta de columnas acobadadas e bucina de tres arquivoltas, aboceladas duas de elas e a exterior con rosca adornada por dentes de can. Os arcos son de directriz apuntada acollendo o tímpano que contén un relieve historiado, ocupado por unha representación de diácono e santos con bispos rodeados de animais e motivos vexetais.
A súa datación presenta problemas tendo en conta os seguintes factores:

-A nave e a ábsida son rectangulares coma na arte asturiana-visigoda.
-Ningún dos arcos son claramente de medio punto pero tampouco son moi apuntados (Góticos).
-Existen distintos tipos de muro, o que nos daría unha idea das diversas remodelacións e das cales non podemos albiscar cal sería a orixinal.
-Non ten campanario, que probablemente estaría separado da estrutura, o cal é típico do prerrománico.
-As primeiras referencias documentais das que temos constancia son dos arquivos do Mosteiro de Monfero datados de 1381.
-A información aportada pola Comisión Diocesana de Arte Sacro (Santiago de Compostela) dátan a estrutura do S. XIV seguindo un criterio morfolóxico.
En definitiva, podemos afirmar que a cronoloxía na que se encadraría a ermida sería entre os S. IX – XIV.

Na parte superior do tellado da ábsida atopamos unha representación dun “berraco” ou “xabaril” (coma á que se encontra na igrexa de Santa María de Betanzos) que nos indicaría que a ermida pertencería á casa dos Andrade; o cal vese corroborado pola información recollida no Mosteiro de Monfero.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://es.scribd.com/doc/93895375/Informacion-San-Cosme-de-Mantaras

http://catedra.pontedeume.es/09/catedra0906.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.289514341
Lonxitude: -8.09881210327
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84