Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Culleredo
Parroquia: Santa María de Celas
Lugar: Celas de Peiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa románica de planta rectangular agás a fachada que é posterior. Construída en cadeirado de granito, desenrola unha planta dunha soa nave con ábsida rectangular no exterior e dous anexos nos laterais. Na súa cabeceira románica ábrese unha xanela arqueada con catro columnas decoradas con motivos vexetais. A fachada principal presenta unha porta alintelada, sobre a que se abre unha xanela semicircular, e remata nunha espadaina de dous arcos para as campás e enriba destas un reloxio. As esquinas están coroadas por pináculos. Nos muros laterais destacan os canzorriños que percorren toda a cornixa, ornamentados con elementos zoomorfos e antropomorfos. Ademáis da portada da fachada ten outra no muro sur. É recoñecible a primitiva fábrica románica do século XII nos sinxelos canzorros da cornixa, e na arcada do presbiterio no interior, que confirman a antigüidade do templo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.24950873853484Lonxitude: -8.406992554664612
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
pablo fernández ans says:
Feb 4, 2022
Detalles da ornamentación dos canzorros na Igrexa de Santa María de Celas, figuras vexetais a animais.
pablo fernández ans says:
Feb 4, 2022
Detalles da ornamentación medieval nun oco dos canzorros na capela da sacristía, Igrexa de Santa María de Celas.
pablo fernández ans says:
Feb 4, 2022
Detalles da ornamentación medieval nas arquivoltas da fiestra na capela da sacristía, Igrexa de Santa María de Celas.