Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: San Cosme de Outeiro (San Cosme)
Lugar: Bara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Está incluído no libro de Mª Dolores Gil Agra como o nº 39 no seu catálogo de xacementos arqueolóxicos de Outes, adscrito no libro á modalidade de lugares de culto. Está moi cerca da parroquial de San Cosme de Outeiro, que foi construída substituíndo a outra máis antiga que estaba no cume deste monte. O PXOM de Outes recólleo como “Xacemento do Pedregal” de tipoloxía “outros xacementos”. A nosa opinión é que se trata dun castro que conserva alomenos tres liñas de terrapléns que se suceden na ascensión ata o cumio. Boa parte da pedra do castro foi reaproveitada na construción de numerosos muros divisorios de fincas, así que o topónimo “O pedregal” pode aludir ao estado anterior, no que o volume de cachotería debeu ser notable. No cumio localízase un petróglifo bastante esmorecido que consiste nun óvalo que contén no interior coviñas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15062031
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

As vellas da aldea de Albeida sinalaban a existencia dunha ermida na zona superior do castro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións. Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X
Gil Agra, Mº Dolores.Catalogación e delimitación planimétrica dos xacementos arqueolóxicos do concello de Outes.1996
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA007.pdf (páxina 1 de 1)

PDF da folla topográfica co mapa de pendentes Lidar. 2009-2010. Lugar “Pedregal” en Serantes (parte central arriba)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0119A-0702.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8102939191
Lonxitude: -8.91664981842
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84