Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Argalo (Santa María)
Lugar: Sobreviñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Castro de Sobreviñas érguese sobre a aldea do mesmo nome, no contorno da Cova da Moura, a uns 124 metros de altitude. Posúe planta con forma oval e aproveita as condicións naturais do terreo para as súa protección. Así, o sistema defensivo das ladeiras, segundo Agrafoxo, refórzase polos lados norte e sur con pedras de gran tamaño. Xunto a estes penedos, que poderían ser as primitivas defensas, existe un parapeto polos lados leste e oeste.

En tan só cinco anos (a segunda imaxe é actual e a primeira de 2007), a maleza e arboredo invadiron o castro, polo que na actualidade o acceso non é doado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

No alto do castro, na chamada “pedra do pararraios”, dise que alí viviron os mouros, recollido por Agrafoxo


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
AGRAFOXO PÉREZ, Xerardo: “Prehistoria e arqueoloxía da terra da Barbanza”. Concello de Noia, 1986

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA006.pdf
(p. 3)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(p. 13)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.771392
Lonxitude: -8.891085
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84