Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Praza de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio, obra do arquitecto Manuel Gómez Román en 1920, é de estilo ecléctico de sobrio clasicismo. Destaca nel a súa simetría, con dúas fachadas laterais similares enlazadas por un chafrán rematado nun corpo máis elevado. Nas fachadas Manuel Gómez Román emprega un esquema clasicista cunha base perforada con ocos que iluminan o soto, pilastras xigantes e un corpo de remate no último andar que actúa de entaboamento.

No tramo central do edificio destacan as fiestras enmarcadas por pilastras e as molduras planas de granito de estilo neobarroco.

En canto ao último andar, hai que dicir que sufriu un cambio en relación co proxecto inicial, cando na última remodelación do edificio foron pintadas de ocre as paredes.

O elemento máis destacado é o chafrán no que se sitúa o acceso principal. Nel hai unha gran superficie acristalada coa que se ilumina o vestíbulo principal e as dependencias superiores.

O 1 de marzo de 1930 comezaron a funcionar neste edificio os servizos de Correos e Telégrafos no cal seguen na actualidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.238864067108
Lonxitude: -8.7234288454056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84