Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...), Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Porta do Sol
Outra denominación do ben: Salgueiro García Barbón
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio racionalista do arquitecto Romualdo de Madariaga feito en 1934 e promovido polas irmás Elena e Práxedes Salgueiro García-Barbón.

Consta de cinco andares. No proxecto inicial a planta baixa albergaba as instalacións dun banco, a primeira planta do edificio as oficinas do devandito banco e a vivenda do director, a seguinte estaba destinada tamén a oficinas e as dúas últimas, a vivendas.

A característica disposición do terreo fixo que o arquitecto tivese que empregarse a fondo á hora de deseñar o edificio, de aí as formas redondeadas do chafrán, de aires expresionistas.

Destacan tamén as falsas pilastras de pedra superpostas en todo o edificio que rematan en pequenos chanzos, influencia da “art déco”, así como unha greca de cerámica que bordea a parte alta do edificio.

A estrutura interior é de formigón e os muros exteriores de granito sen labrar, onde o recobren as pezas de cerámica e labrado no resto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=04.b+-+Edificio+Galoya&index=9


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.237660678887
Lonxitude: -8.7245982885361
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84