
Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa de Policarpo Sanz, 1
Outra denominación do ben: Hotel El Moderno
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
É unha das obras máis emblemáticas de Michel Pacewicz e do eclecticismo do século XIX na cidade. É coñecido popularmente como “Hotel El Moderno”, ao ter albergado durante moito tempo unha instalación hoteleira.
Neste edificio mestúrase maxistralmente o eclecticismo parisisno do autor co traballo dos canteiros locais.
Presenta dúas fachadas articuladas a través dun chafrán arredondado rematado cunha cúpula e un pavillón. No primeiro andar destacan os vans rematados en arcos de medio punto e a balconada corrida de cantería.
A fachada de Policarpo Sanz é simétrica, con dous corpos laterais rematados nun frontón neobarroco perforado cun óculo ornamentado. No segundo e terceiro andar estes corpos destácanse mediante a utilización de columnas corintias xigantes. A fachada da rúa Carral é de semellante composición mais disposta dun modo asimétrico.
En canto á decoración, destacan as grilandas florais que enmarcan os linteis dos vans dos andares superiores e as distintas ménsulas e falsas claves dos arcos de todo o edificio.
Foi reformado varias veces e nunha destas reformas realizada por Desiderio Pernas transfórmase o sistema de cubertas e pérdese o cromatismo da cúpula do chafrán.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arquitecturavigo.blogspot.com/2006/09/mis-edificios-favoritos-edificio-el.html
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=04.c+-+Edificio+el+Moderno&index=10
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.238010180141Lonxitude: -8.7246304750443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84