
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Camariñas / Laxe / Vimianzo
Parroquia: Camelle e Traba
Lugar: Mórdomo e Camelle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Camiño que parte da aldea de Mórdomo e que chega a Camelle. O Camiño vai pola costa, moi perto dos penedos de Pena Forcada, e pasa por momentos á beira do mar. Hai fermosas praias de coídos, de diverso material granítico, o da Señora e de Sabadelle. Estes coídos están no único e pequeno anaco de costa do concello de Vimianzo. Tamén medra moita flora de ribeira e atravesa un tramo de corredoira e un pequeno piñeiral.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enlaces cos planos do camiño de Traba a Camalle
http://www.concellodelaxe.com/media/documentos/Ruta4_cast+bici.pdf
http://www.caminodosfaros.com/tramos/4-5/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1852776754Lonxitude: -9.07324790955
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
8 comentarios
Pancho-Lapatianco says:
Xuñ 23, 2011
Este camiño vai a rentes dos pes do Espacio Protexido dos Penedos de Traba e Pasarela. E forma parte dun dos espacios naturais menos tocados do litoral de Galicia: o que vai dende Laxe ó Cabo Vilán.
Estivo durante anos en forte perigo de desaparición polo proxecto de instalación dunha piscifactoría no lado máis cercano a Camelle. Actualmente semella totalmente cancelado dito proxecto.
Interesantísima a parcelación deste entorno para o seu aproveitamento agrícola, polo aporte de solos e sustratos que se fixo sobre as rochas. A maioría das parcelas, que subían polas abas dos montes, están hoxe abandoadas. E varios dos camiños de acceso a elas, xa non se usan e están comestos pola maleza e incluso arbores xa crecidas, o que impide o seu paso. Só están practicables as corredoiras de máis uso, por utilizárense como paseo polas mesmas xentes dos núcleos habitados próximos, por turistas e pescadores.
Evidencias do uso de carros nas numerosas rodeiras, e tramos empedrados, o que denota a súa antiga importancia.
Grao de conservación mediano, a falta dunha simple limpeza en área. As estructuras murais todavía están en pe.
Un estudo máis polo miudo desta área seguramente depararía moitas sorpresas arqueolóxicas e antropoloxicas.
elixiovieites says:
Xuñ 24, 2011
Moitísimas grazas pola túa aportación. un saúdo
Manuel Rial says:
Ago 30, 2011
Fáltache un detalle. Esquecécheste de incluír ó concello de Vimianzo, que para un anaquiño de mar que ten, non lle vas quitar os Coídos da Señora e de Sabadelle. Gracias
elixiovieites says:
Ago 30, 2011
Gracias polo apuntamento, Manuel. Xa pusen no texto, o do concello de Vimianzo.
Elixio Vieites says:
Xan 23, 2013
Como información complementaria, para planos e fotos podemos ver a web
http://www.adelaleiro.com/gestion/descargas/docs/ruta%20Traba-Camelle.pdf
esteban says:
Dec 4, 2013
O que hai o pe de Mordomo é un castro? Nun val?Alguén ten informacion sobre el?
elixiovieites says:
Dec 5, 2013
O sitio chámase O Castro, non sería raro que estivera alí, pois hai máis exemplos parecidos, (dous en Serra de Outes, mesmo a pouca distancia do núcleo urbán e ao lado da ensenada do Tins). O Pxom de Laxe parece que no recolle e puidera ser que non exista como castro, pero no Sigpac aínda ven como tal o topónimo e os veciños así lle chaman. Pero poida que sexa un erro e se chame castro a outra cousa, ou a un asentamento costeiro. Podes ver aquí os bens arqueolóxicos de Laxe. http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA132.pdf
Os dous castro de Outes (por poñer un exemplo) con similares ubicacións.
http://patrimoniogalego.net/index.php/15105/2012/03/castro-de-coiradas/
http://patrimoniogalego.net/index.php/15120/2012/03/castro-de-brion/
elixiovieites says:
Dec 6, 2013
Outro en Laxe situado nun val. http://patrimoniogalego.net/index.php/49031/2013/08/castro-de-castrelo/