Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Porta do Sol
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A súa construción, proxectada polo arquitecto Gómez Román en 1906, xorde para albergar a casa comercial Viúva e Fillos de Simeón García, ademais de vivendas nos andares superiores con entrada polas fachadas laterais. As obras de construción do edificio durarían ata o ano 1911.

O edificio ten tres andares dos cales o derradeiro é amansardado. A planta baixa, dedicada ao comercio, amosa un carácter suntuoso e monumental cunha excelente cantería en granito.

A fachada principal presenta unha composición ecléctica de carácter francés organizada a través dun corpo central rematado cunha cúpula. Nela sitúase a entrada ao centro comercial a través dun fermoso soportal, sendo a que presenta unha maior profusión decorativa nos balcóns avultados no remate do corpo central, cun arco de medio punto peraltado. As fachadas laterais presentan tamén unha composición ecléctica cunha alternancia de vans.

A decoración, elaborada en granito, é de aire modernista cunha variada representación de flora e fauna. Os elementos decorativos sitúanse sobre todo nos sobrelinteis, claves, ménsulas, remates das pilastras, balcóns, etc. É importante destacar, en canto á decoración, o tratamento do rostro da muller, que aparece enmarcado en decoración vexetal na clave do van central inferior así como o remate das pilastras, no que aparecen pombas e formas vexetais e as gárgolas de formas monstruosas.

Por último cabe destacar tamén o emprego do ferro con fomas curvilíneas sobre todo nos balcóns, que nos recordan ó estilo Art Nouveau.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arquitecturavigo.blogspot.com/2008/01/edificio-simen.html
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=04.a+-+Edificio+Sime%C3%B3n&index=8


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.237577274893
Lonxitude: -8.7250757217407
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84