Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa Reconquista
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio constitúe un exemplo tardío na cidade da afamada arquitectura comercial que nas primeiras décadas do século XX Antonio Palacios implanta en Madrid. O sistema compositivo é similar, cun esquema clasicista no que a planta baixa actúa como base, a fachada é percorrida por columnas xigantes e o último andar funciona como un falso entaboamento, no que a disposición clásica de tríglifos e metopas se aproveita para abrir os vans. O edificio enriquécese plasticamente coa presenza de cerámica e de miradoiros do tipo “oriel-window”, de tradición inglesa. Un renovado clasicismo que leva a exclusiva marca de Antonio Palacios. O inmoble foi construído pola casa Pérez Conde e as oficinas bancarias abriron o 27 de maio de 1944.
Nestavivenda viviu desterrado Plácido Castro, poeta, traductor e periodista.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23815315736908
Lonxitude: -8.723021149635315
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84