Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Praza de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Casa para Benito Sanjurjo, no nº 20 da Praza de Compostela, é unha obra do arquitecto francés Michel Pacewicz realizada en 1906, froito da fecunda relación do arquitecto con este promotor vigués a quen coñecera en París en 1872. Foi a través de Sanjurjo que Pacewicz tomou contacto con membros destacados da burguesía viguesa, o que o animará a instalarse na cidade olívica definitivamente en 1904, contribuíndo co seu estilo ecléctico-historicista á renovación da imaxe do ensanche vigués.

A fachada organízase de xeito simétrico en tres corpos, o central destacado sobre os laterais. Na planta baixa, de aparello almohadado, ábrense tres arcos de medio punto, con claves adornadas con cabezas de león que sosteñen armelas na boca. O corpo central amosa o mesmo aparello almohadado, e aparece voado no primeiro e segundo andar, mentres que no terceiro remátase cunha terraza abalaustrada. Cada andar diferénciase polo diferente perfil dos vans (arcos carpaneis no primeiro andar, linteis no segundo), nos pretís (abalaustrados ou de forxa) e nas decoracións sobre as fiestras. No terceiro andar, no balcón, ábrese un arco decorado con grilandas de flores e froitas, coroado por un medallón ovalado, no centro do frontón curvo que coroa o edificio.

O edificio inspírase na arquitectura ecléctica parisina que Pacewicz coñecía ben, e toma elementos decorativos prestados do rococó francés (nomeadamente as grilandas e grutescos do terceiro andar), que tamén casaban ben coa tradición arquitectónica do barroco galego e e da obra de Domingo de Andrade.

Na actualidade, a Casa de Benito Sanjurjo é a sé do Consulado da República do Ecuador en Vigo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23968219913082
Lonxitude: -8.720955848693848
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84