Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa Policarpo Sanz, 22
Outra denominación do ben: La Plancha
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O edificio, levantado por Natalio Sanchón, exhibe un racionalismo heterodoxo, suavizado coa incorporación de elementos ornamentais afiliados a un Art Decó lineal e xeométrico. Amosa tamén unha gran sigularidade e sabor local, ao conseguir adaptar o arquitecto as influencias das correntes internacionais á tradición constructiva local, na que destacaba a presenza de expertos canteiros. O excelente traballo de labra en granito branco do monte de Castrelos foi realizado polo mestre canteiro Ángel García Martínez. O deseño está sumamente coidado en todos os aspectos, destacando o remate do corpo central e a porta e composición do acceso principal. O inmoble, que se remata en 1941, supón o inicio da renovación da ampulosa arquitectura ecléctica do ensanche vigués.

O recente lavado con ácido da fachada desfixo o puído da pedra.

Neste edificio residiu e traballou o intelectual e empresario Valentín Paz Andrade. Co gallo da súa homenaxe ó adicarlle o Día das Letras Galegas 2012, o Concello de Vigo colocou unha placa conmemrorativa no edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2007/11/edificio-sanchn.html
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=06.d+-+Edificio+Sanch%C3%B3n&index=15


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.237402523309
Lonxitude: -8.7228897213936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84