Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Praza de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Singular proposta do arquitecto Xosé Bar Bóo que en 1957 abre o camiño á arquitectura viguesa cara ao encontro coa modernidade. O edificio constitúe unha peza destacada no privilexiado espazo urbano da Alameda de Vigo. O tramo central da fachada queda definido por un gran pano de cristal que, dende a terraza corrida dos áticos, se amosa lixeiramente pregado a partir dunha liña vertical central. A regularidade dese tramo dilúese na alternancia de elementos prismáticos situados nos laterais da fachada nunha solución de grande orixinalidade. A culminación do edificio, cunha disposición recuada das plantas do ático, mira directamente á arquitectura naval, exhibindo a imaxe da ponte dun barco.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://docomomoiberico.com/edificios/edificio-plaza-de-compostela/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.239677234769
Lonxitude: -8.7211892008781
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84