Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (San Estevo)
Lugar: Allariz (A Barrela)
Outra denominación do ben: Convento das Clarisas
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Pertencente a orde das Clarisas, está situado no antigo campo da feira “Campo Da Barreira” de Allariz, ou “Ziralla” para as xentes da zona.
Foi fundado no ano 1268, conserva distintos estilos, dende o gótico ao barroco. O pórtico é o único elemento que rompe coa sobriedade da enorme fachada.
Empezou a construírse no s. XIII e XIV, evolucionando e crecendo ata que parece que a súa actividade se retarda un pouco no s. XV, sendo o s. XVI unha época de revitalización con importantes reformas e ampliacións. Foi reconstruído no século XVIII a consecuencia dun incendio que sufriu o convento o 15 de xaneiro de 1757.
O claustro, obra do arquitecto frei Domingo Antonio de Puga, está composto por galerías formadas por setenta e dous arcos de medio punto entre piastras, dise que é o claustro barroco máis grande da Península.
A súa igrexa é barroca, do s. XIII, ten planta de cruz latina con nave de dous tramos, cruceiro e presbiterio rectangular.
A fachada, como non podía ser doutro xeito é de pedra, no lintel da portada destaca unha vieira e unha fornela coa imaxe de Santa Clara.
Posteriormente na época das Guerra da Independencia, Allariz foi un lugar importante da loita, instalándose os franceses unha vez que caera vencida a localidade, é este mosteiro das Clarisas, e por suposto, de paso saquearon todo o que puideron. A pesar diso segue contando con, polo menos, dous elementos moi famosos, un é a coñecida “Cruz de Cristal de Roca” que mostra interesantes técnicas artísticas de orfebrería gótica, o outro a “Virxe Abrideira”, toda ela tallada en marfil, representando o Evanxeo, tallado en miniatura, relacionada cos modelos composteláns do s. XIII.
Foi doada por Afonso X “O Sabio” e Dona Violante.
Aquí residen monxas en estrita clausura polo que non é posible acceder máis que á igrexa e ao Museo de Arte Sacra que contén entre outras as dúas pezas descritas anteriormente “Virxe Abrideira” e a “Cruz de Cristal de Roca”.
Ao seo carón atópase a Igrexa de San Bieito, patrón da cidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cando unha parella se casa e quere que o día do casamento non chova, ten que ofrecer ovos a Santa Clara


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA002.pdf

Virxe Abrideira - Allariz

Museo de Arte Sacro - Cruz de cristal y esmaltes 2

Convento de Santa Clara y Museo de Arte Sacra, Allariz

http://www.flickr.com/photos/albtotxo/sets/72157624799108146/detail/

http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=394&ctre=1261&cidi=E

http://www.vigoenfotos.com/allariz/allariz_museo_arte_sacra_santa_clara_1.html

http://www.ucm.es/centros/cont/descargas/documento19241.pdf

http://www.turgalicia.es/FOTOS/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSA/vr_19_clarisas/index_G.html

http://www.allariz.com/recursos/folletos/MuseosAllarizCastb.pdf

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=20&recurso_id=3

http://lacomunidad.elpais.com/fernandomaria/2008/6/9/allariz

http://www.allariz.com/turismo/cs/turismo.asp?op=608&id=628&pd=609


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.18890615890468
Lonxitude: -7.797900438308716
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84