Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo (Santiago)
Lugar: Rúa Policarpo Sanz, 3 Colón 14
Outra denominación do ben: Banco Pastor
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A primitiva sé do Banco de Vigo foi encargada ao arquitecto Manuel Gómez Román, un dos máis destacados representantes do modernismo vigués, quen, daquela, saído por fin dos seus serodios estudos de arquitectura, adoptara un estilo máis clasicista e académico. As obras realizáronse entre 1919 e 1923, contando coa colaboración do canteiro José Araujo Pérez. Posteriormente, o edificio foi mercado polo Banco Pastor que o convertiu na súa sé.

O edificio, de tres andares máis outro baixo a cuberta, conta con dúas fachadas que se destacan en altura, unha principal, no chafrán, (hoxe entrada ao Banco Pastor) e outra cara a rúa Policarpo Sanz (hoxe a entrada á Fundación Barrié de la Maza). A fachada do chafrán está protagonizada por un amplo ventanal que abrangue as tres alturas do edificio, baixo un arco de medio punto adornado cunha grilanda, e un busto do deus Hermes, protector dos comerciantes, sobre a ménsula da clave. Só unha pequena loxia de pilastras e columnas toscanas no primeiro andar se destaca sobre a ampla cristaleira. Coroando esta fachada, érguese unha cúpula que se eleva sobre a liña da cornixa, destacándose sobre o cruce das rúas. A fachada da rúa Policarpo Sanz responde ao mesmo esquema compositivo, agás na cúpula, sustituída por un pretil de formas cúbicas. As entradas acóllense a arcos carpaneis.

A planta baixa organízase como un pórtico monumental de columnas toscanas dispostas en parellas, con basa e anel na parte baixa do fuste liso. Os dous andares superiores articúlanse como un único, grazas aos arcos que enmarcan os vans das dúas alturas, os inferiores con baranda abalaustrada de pedra, e os superiores con elegantes balcóns de forxa. O terceiro andar, de menor altura, sepárase dos dous anteriores por un entaboamento adornado con escudos de placas, e artéllase como nunha sucesión de fiestras separadas por pilares e estípites con basas e capiteis xeométricos. As cornixas decóranse con cubos e estatuas alegóricas das culturas dos cinco continentes, como símbolo do caracter cosmopolita da cidade de Vigo e do seu porto.

Manuel Gómez Román concibe unha obra que se pode calificar de ecléctica polo seu recurso a elementos clasicistas, pero non renuncia ás trazas herdadas do modernismo e da Secesión Vienesa que caracterizaran a súa obra anterior, nomeadamente as decoracións xeométricas (cubos e pirámides, discos redondos, escudos, molduras rectilíneas en relevo afundido, sogueados…), e os elementos vexetais estilizados (grilandas, coroas de loureiro,follas estilizadas dos pináculos da cornixa…), dando como resultado un edifico monumental e elegante, que é unha das mellores mostras da arquitectura modernista da cidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23783741555887
Lonxitude: -8.720695674419403
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84