Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Luaña (San Xulián)
Lugar: Vioxo de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Tamén chamado cruceiro das Dores, por ser esta a advocación á que está adicada a capela. Estivo situado no medio da aldea de Vioxo de Abaixo, nunha encrucillada que queda fronte del, pero foi cambiado de sitio fai uns 60 anos pois estorbaba para poderen pasar os carros cargados. Segundo nos di Clodio González téñense celebrado festas na súa honra. Ao trocalo de sitio suprimíuselle parte do basamento quedándolle só unha estreita escaleira para subir á capela. Ten un fuste cun baixo relevo enmarcado nun rectángulo no que está representado moi sinxelamente a Virxe cun rosario nas mans. Logo vén o capitel de catro caras lisas, agás na frontal que ten un anxo con ás. Dentro da capela está a Virxe das Dores aínda con restos de policromía, coas mans dereitas, e nelas un cáliz coa hostia enriba. O cruceiro remátase cunha cruz que imita á madeira, na que se ve a Cristo crucificado co pano de pureza anoado á dereita e no reverso unha Virxe sobre unha peana. A contorna do cruceiro está degradado por cubertas de fibrocemento, muros sen enlucir e cables aéreos ao seu redor. O pxom do concello de Brión recomenda as melloras necesarias para dignificalo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6 (páxina 297)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA017.pdf
(pp. 27-28-29 de 39)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.84696077440962
Lonxitude: -8.74010682106018
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84