Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Luaña (San Xulián)
Lugar: Vioxo de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Cruceiro érguese no medio da aldea sobre grada de tres chanzos, enriba dunha rocha natural. Ten basa de sección cúbica, coa parte superior redondeada. Presenta unhas inscricións, que segundo a ficha do Pxom son , Buondiu /eivuondio/napern , e tamén ANO/DM/DM. Están presentes na basa, unha caveira en cada ángulo e por enriba unha serpe e un lagarto. Na sección cuadrangular do varal está representado San Francisco botándolle o cordón as ánimas para sacalas das chamas do purgatorio e pódense ver ademais os atributos da paixón. A partires de aí a sección do fuste tórnase octogonal ata o capitel, que ten volutas angulares e no medio de cada lado unha pequena imaxe que actualmente non é doado identificar. Ten labrado na cruz un magnífico Cristo, ante o cal San Francisco sobre unha peana ao lado dereito, bótalle una man a cintura para amparalo. No reverso a Virxe ten ao Neno Xesús no colo e dous anxos no traveseiro da cruz Póndolle a coroa
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6 (páxina 298)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA017.pdf
(pp. 24-25-26 de 39 )
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.84574938466103Lonxitude: -8.734077215194702
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84