
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: O Porriño
Parroquia: Cans (Santo Estevo)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben: Castelo de Miravel
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
No cume do Castelo de Cans situábase unha antiga fortaleza derrubada durante as revoltas irmandiñas. Tratábase dun fortificación roqueira de época medieval. Na actualidade só se conservan marcas na rocha do alxibe, restos das murallas defensivas e da torre vixía.
ë probable que o castelo de Cans teña a súa fundación no século XI por un tal Ruís de Miraver, e posteriormente entregado polo rei Enrique III a Álvaro Fernández de Valladares, morto en 1397.
O castelo atopábase en terras da parroquia de San Estevo de Cans, que dependía por igual da diócese de Tui e do mosterio de Melón.
Non se sabe se a súa destrución se debeu a unha orde dos Reis Católicos no ano 1438, ou se tivo lugar durante a revolución Irmandiña (1467-1469).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36039009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OPORRINO/documents/0898CA010.pdf (p. 9)
http://oestrymnio.blogspot.com.es/2014/06/castelo-de-cans-o-porrino.html
http://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-vigo/porrino/castelocans/
http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Cans
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1615576051Lonxitude: -8.58704924583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xuñ 16, 2011
Ó seu carón pasa o GR 58 “Sendeiro das Greas”
Miguel Abraira says:
Xan 28, 2012
Tratarei de completar a ficha na medida do posible, cos datos dos que dispoño:
LOCALIZACIÓN
O Castelo sitúase controlando unha zona de paso natural desde o val do Louro ao val do Tea, preto do Alto do Confurco.
HISTORIA
Históricamente coñecido como Castelo de Miravel, esta fortaleza foi atacada e roubada por varios nobres en tempos de Henrique II (1369-1379), quen respondeu ao delito embargando todos os bens dos implicados e facendo doazón deles (incluído o castelo) a Álvaro Fernández de Valladares, que será confirmado como dono do castelo sucesivamente polos reis Juan I e Henrique III (Ávila y La Cueva, 1943:88). Este autor indica que daquela xa non existía. Entre os motivos da súa destrución barállanse tres:
*As revoltas Irmandiñas do século XV.
*O azoute de Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga) por toda a zona, “hechando por tierra muchas casas y fortalezas solariegas y castillos de este Obispado y de tierra de Pontevedra” (Ávila y La Cueva, 1852:45).
*A orde dada en 1482 polos Reis Católicos para derrubar toda fortaleza que non fose cabeza de merindade.
ESTADO ACTUAL
Non quedan restos dos muros. Dentro do estado actual do xacemento o máis destacable son:
*Os traballos visibles nos laterais de dúas enormes rochas, para habilitar unha ENTRADA ao recinto fortificado.
*Dúas liñas paralelas de REBAIXES na superficie do granito cun espacio intermedio entre ambas para o correcto asentamento e levantamento do perímetro da muralla. Esta dobre liña pecha co seu debuxo a pequena superficie cha que hai no cume.
*Un FOXO/DEPÓSITO de forma rectangular cavado na rocha, ao pe do batolito principal e máis alto (sobre o que estaría en principio a torre do homenaxe). Ten este foxo uns 10 metros de longo por 3 de ancho e unha profundidade indeterminada por atoparse hoxe recheo de terra, pedra e vexetación. Presenta ademais un rebaixe perimetral que o delimita perfectamente. Algúns autores interprétano como un alxibe que quedaría pechado, xunto á torre, por un último anel defensivo (Garrido Rodríguez, 1987:179).
*Fragmentos de cerámica ou TELLA dispersos nas inmediacións do acceso principal ao recinto.
BIBLIOGRAFÍA
ÁVILA Y LA CUEVA, F.: “Castillos de la tierra de Tuy”, Revista do Museo de Pontevedra, tomo 2, 1943.
COSTAS GOBERNA, HIDALGO CUÑARRO: “Vestigios de la foraleza medieval de Cans (Porriño)”, Faro de Vigo, 17/05/1981.
GARRIDO RODRÍGUEZ, J.: “Fortalezas de la antigua provincia de Tuy”, Deputación de Pontevedra, 1987.