
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Castelo,
Concello: Meis / Poio
Parroquia: A Armenteira
Lugar: Alto do Castrove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
No alto do monte Castrove, a 613m. de altitude, preto duns repetidores e casetas forestáis, pódense atopar os resto dunha ermida aínda que non coinciden cos planos do PXOM de Meis. Polo menos, non polo que se olla a simple vista. Estes restos atópanse a man esquerda da bifurcación da pista forestal. Se seguimos á dereita chegaremos ao alto de Castrove onde se atopan unhas líñas de alta tensión aínda. Aquí poderíanse atopar os restos do castelo do que non se conserva ningún indicio destacable.
As medidas do restos visibles da ermida son duns 17 x 13 m. aproximadamente.
Compre salientar as increíbles vistas sobre a ría de Arousa. Nos días moi claros pode verse dende Finisterre ata as illas Cies. Moi recomendable achegarse ata alí se andades preto.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36028039
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● P.X.O.M. 23/05/2003 Concello de Meis. Fichas dos elementos de Patrimonio Arqueolóxico.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA006.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Os restos están atravesados por unha pista forestal.
Onde está localizado
Latitude: 42.48190907419025Lonxitude: -8.700785636901855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Mai 27, 2012
Coma información complementaria, engadir o enlace ás fichas do catálogo do PXOM (2003) de Meis, onde aparece este ben coma xa referiu o autor da ficha:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA006.pdf
Chicho Pana says:
Xan 29, 2019
Na actualidade a zona do xacemento foi desbrozada e pódense identificar os cimentos de, polo menos, duas construccións rectangulares. Unha delas de aproximadamente uns 7×8 metros e a outra duns 5×10 metros. ámbalas construcción con orientación este oeste. Na construcción mais grande vese que a posible entrada estaría na cara oeste. Todo o conxunto parece que estaría rodeado por un muro, delimitando un recinto circular. Este muro vese mellor na parte norte. Na superficie pódese ver gran cantidade de restos de tellas e incluso alguns restos de cerámica moi fragmentados.