Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Castelo,
Concello: Meis / Poio
Parroquia: A Armenteira
Lugar: Alto do Castrove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No alto do monte Castrove, a 613m. de altitude, preto duns repetidores e casetas forestáis, pódense atopar os resto dunha ermida aínda que non coinciden cos planos do PXOM de Meis. Polo menos, non polo que se olla a simple vista. Estes restos atópanse a man esquerda da bifurcación da pista forestal. Se seguimos á dereita chegaremos ao alto de Castrove onde se atopan unhas líñas de alta tensión aínda. Aquí poderíanse atopar os restos do castelo do que non se conserva ningún indicio destacable.
As medidas do restos visibles da ermida son duns 17 x 13 m. aproximadamente.
Compre salientar as increíbles vistas sobre a ría de Arousa. Nos días moi claros pode verse dende Finisterre ata as illas Cies. Moi recomendable achegarse ata alí se andades preto.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36028039
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● P.X.O.M. 23/05/2003 Concello de Meis. Fichas dos elementos de Patrimonio Arqueolóxico.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEIS/documents/0823CA006.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Os restos están atravesados por unha pista forestal.


Onde está localizado

Latitude: 42.48190907419025
Lonxitude: -8.700785636901855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84