Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Brión / Rois
Parroquia: Urdilde-Luaña
Lugar: Casal de Poño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Os lindes municipais de Rois e Brión pasan por este castro, que lle serven de liña divisoria. Atendendo aos actuais, a liña pasaría polo medio da coroa e seguindo polo camiño de entrada que vai pola pronunciada ladeira que dá ao regueiro de Viceso (Dos batáns ou Dos Muíños). Atópase ben conservado con todo o recinto rodeado de parapetos defensivos. Ten unha soa entrada. Ao igual que outros castros este serviu de canteira para facer as casa da zona. Na parte de Brión, segundo os veciños, teñen aparecido restos de cerámica, moas e pés de muíños de man, ” pedras con letras” e outros obxectos ao remover a terra para sacar a pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15074003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6 (páxina 39)

Situación no mapa no PXOM de Rois
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349PB002.jpg
Outras Web
http://www.infobrion.com/brionpobo/arquitectura.php?id=1093
Web cos castros de Rois e outros Bens
http://content.yudu.com/Library/A1rtfk/ARutaXacobeadoMardeA/resources/84.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.84301187098239
Lonxitude: -8.742971420288086
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84