Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña (casco urbano)
Lugar: A Coruña - Parque de Santa Margarida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
É un hórreo de tipoloxía Morrazo. Foi trasladado do seu emprazamento original debido a unha doazón. Está feito na súa totalidade boa cantería de granito, incluindo a cuberta, cousa que é pouco común agás en determinada franxa limítrofe con Portugal.
Apoia sobre tres pares de pés de sección octogonal e algo ensanchados por un lado na base. Sobre eles aséntanse tornarratos circulares e convexos, sobre os que se sustentan as trabes de granito de sección en L. As doelas están dispostas en sentido vertical deixando ranuras de ventilación tamén verticais. Pola parte denriba a cámara remátase con outra serie de pezas horizontais que son as cabezas de trabe. Sobre elas apoian as lousas de granito da cuberta. Na parte central interior existe unha tixeira de pedra para o sustento.
Os penais remátanse con sobrepenas e levan como remates dúas cruces de pedra. O pinche principal leva un orificio de ventilación e aparece gravada a data MDLXXXVIII. Por debaixo ábrese a porta. O acceso á cámara facíase por unha escaleira de man.
O hórreo foi doado por D. Custodio Moratiel Villa e fillos ao concello da Coruña o 2 de outubro de 1989 según reza nunha placa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.36259074534646Lonxitude: -8.412566184997559
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xuñ 5, 2012
O PXOM (1998) vixente na actualidade na Coruña non contén ficha deste hórreo, nerbargante no artigo 4.2.10 da normativa establece a protección deste tipo de ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/0152NO023.pdf