Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Friol
Parroquia: Xiá (Santa María)
Lugar: A Castronela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Emplazada sobre un antigo castro, a construcción primitiva desta fortaleza remóntase ós séculos XII-XIII, sendo a actual edificación froito de sucesivas reformas entre XVI-XVIII; derruída polas Revoltas Irmandiñas do XV, foi reconstruída por Vasco das Seixas no século XVI.
Edificio composto por 3 corpos (corpo central rectangular, torre da homenaxe e gran torreón) máis a capela exterior do XVIII; de grosos muros de granito. Ten 2 plantas: patio, cabalerizas e bodega na planta baixa, cociña, salón, comedor, e habitacións na planta alta. A torre da homenaxe consta de 4 pisos. Porta de entrada de arco de medio punto do XVI, ventanas platerescas e rampa de acceso.
Ó longo da súa historia, pertenceu a varias familias (Ulloa, Seixas, Ordóñez…) das que aparecen blasóns no escudo da portada.
Dende 1983 alberga Museo etnográfico. Fortaleza declarada BIC no ano 1994.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Apliques de cerraxería dos séculos XVII, XVIII e XIX.
Útiles gandeiros e agrícolas, de zapateiros, zoqueiros, teares típicos desta zona do século XIX.
Mobles dos séculos XVIII e XIX.
Cortinones históricos do século XVIII.
Pintura de temática relixiosa e factura popular dos séculos XVII e XVIII.
4 grabados da escola francesa do século XVIII.
Sección de armas, no que destaca unha cota de malla de armadura hispano-colonial do século XVI


Tradición oral:

Relacionada con esta torre temos numerosas lendas tráxicas e de amor, vinculadas tamén á Serra da Cova da Serpe.

  • Unha desas lendas é a de “A dona Das Torres”, recopilada nun Cronicón do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, por un fraile do século XVIII. A historia sitúase no ano 1543 cando Vasco das Seixas, home cruel cos seus servos, casa con dona Catalina de San Tirso, muller de trato cordial cos vasalos. Seixas  acúsaa de adulterio e a mata.

O pai da dona, o  asturiano Lope de San Tirso logra exhumar o cadáver  da súa     filla, enterrada en Sobrado dos Monxes, e atopa probas do asasinato.

Uns vasalos do Duque de Verganza vengarían a Dona Catalina dando morte en Portugal ao señor de San Paio de Narla.

 

  • Outra lenda fálanos do triste final dos amores un mozo campesiño de San Paio de Narla con Berta, filla do señor da fortaleza.
          Perseguidos polos criados do señor, que non consentía esta relacións, atoparon refuxio nunha cova dun monte veciño, que resultou ser a cova dunha gran serpe. A serpe matou ao namorado, que intentaba salvara a súa amada.
 

Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Boletín do Museo Provincial de Lugo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0071573979
Lonxitude: -7.82059192657
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84