Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)
Lugar: Salvaterra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Fortaleza de Salvaterra está situada no centro histórico do pobo. Esta fortificación abaluartada está construída ó pé do río Miño. A poucos metros ó leste dun paso natural sobre o río, semella que existiu un paso de barcas e case enfronte a Praza Forte de Monçâo.
A fortaleza orixinal construíuse fai case mil anos, polo século X. A muralla que cingue o castelo data do século XII e a súa finalidade principal era defender a vila dos ataques constantes dos portugueses.
Tralo levantamento de Portugal en 1640, dous anos despois Salvaterra foi tomada polos portugueses, xa que a fortaleza carecía dun adecuado amurallamento cando foi asaltado e incendiado polos lusitanos en 1642. Trala conquista debeu levantarse o recinto abaluartado que aínda se conserva e permaneceu en mans lusas, como testemuñan os escudos borrados da súa portada ata que se recuperou en 1659.
Tendo en conta os planos históricos, a Praza presenta unha planta abaluartada con tendencia rectangular, ou como diría Francisco Llovet en 1756, “ben sendo a modo de quadrilongo aínda que algo irregular…” duns 9700 metros cadrados. O lado maior segue a orientación do río Miño, leste-oeste. Os alzados leste-oeste e norte presentaban catro baluartes e dous medios baluartes, mentres que polo oeste, protexido pola propia caída do terreo sobre o Miño, defendíase cunha gran cortina e un muro de gola. O exterior presenta unha media lúa no alzado oeste. accedíase o recinto por dúas portas, a de norte chamada Porta da Fonte e a de sur chamada Porta da Oliva.
No interior conserva algunhas edificacións que supoñen un terzo das sinaladas nos planos históricos. Cabe destacar o castelo coñecido como de dona Urraca, obxecto de numerosas reformas mais aínda se mantén os rasgos medievais e renacentistas. Unha igrexa aparentemente da época moderna e unha edificación que mantén a tipoloxía dunha casa-cuartel.
No extremo leste, únense castelo e muralla, sobre as que se unen a súa vez, novas construcións. No alzado leste presenta un baluarte con dous medios baluartes nos estremos. Neste alzado e na metade oriental norte, están protexidos por unha falsa braga co seu foxo. Esta segue a planta da fortificación e á altura do baluarte leste, sitúase unha garita.
Segundo Francisco Llovet tiña capacidade para 45 cabalos e acomodábanse nel dúas compañías de Infantería. Tiña un almacén na que se conservaban os efectos de Artillería e un cuarto para almacena-la pólvora e o carón deste unha casa que fora morada dos condes de Salvaterra e que serviu para habitación dos Gobernadores.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36050024
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ-VILLASANTE PRIETO, J.A.: «Las defensas de Galicia», Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1984.
SORALUCE BLOND J.R.: «Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII». Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1985.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.080395763953646
Lonxitude: -8.496149182319641
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84